O parte diario do Carballiño no teu WhatsApp
Cada mañá mandámosche o parte co que convén saber na comarca do Carballiño: o tempo, os avisos e que facer. Unha soa mensaxe, gratis e en galego.
Gratis. O parte do día, ás 8:00 h.
Bos días, Carballiño
O parte do mércores, 25 de novembro
⛅ O TEMPO
Hoxe, chuvia feble e sen frío: entre 6 e 12 graos, con vento frouxo do oeste e un 55 % de probabilidade de chuvia a todas as horas. Mellor co paraugas na man.
O que vén: o xoves, igual. O venres abre e sobe ata os 15 graos.
📢 AVISOS
Concurso de decoración de Nadal. O Concello do Carballiño abre hoxe a inscrición para comercios e locais de hostalaría.
Ata o 11 de decembro ás 12:00 h, na sede electrónica ou no rexistro municipal.
Nos comercios valórase o escaparate; na hostalaría, o interior e a fachada. Só se pode ir a unha categoría. Premios de 200, 150 e 100 € en cada unha, e a decoración ten que estar montada e acendida do 11 de decembro ao 6 de xaneiro.
👉🏻 Vas decorar o teu? Mándanos unha foto de como queda, por privado.
«Xuntos polo Nadal». Quedan cinco días para pedir praza no programa da Xunta para maiores que pasan sós o Nadal.
O prazo acaba o luns 30. Unha das dúas sedes é a Residencia de Tempo Libre do Carballiño, con 130 prazas.
É de balde, para persoas de 60 anos ou máis que vivan soas e se valen por si mesmas, con tres quendas entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro. Pídese na sede electrónica da Xunta (procedemento PR004A) ou nunha oficina de rexistro, cun informe social.
👉🏻 Coñeces a alguén a quen lle poida servir? Reenvíalle o parte ou cóntalle como se pide.
💊 Farmacia de garda hoxe: avenida de Castelao, 35.
Das 9:30 h de hoxe ás 9:30 h do xoves.
🎭 QUE FACER
Hoxe, ás 12:00 h, o Concello le o manifesto do 25-N no salón de plenos, con actuación musical.
Xociviga: gala inaugural
Arranca hoxe Xociviga, as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia, un dos festivais de curtas máis veteranos de Galicia: naceu no Carballiño en 1984 e refundouse en 2024 como festival internacional. Esta edición trae 25 curtas a concurso e segue ata o sábado.
Abre con «Taxi Driver», no seu 50 aniversario, coa banda sonora tocada en directo por un cuarteto de jazz.
📍 Auditorio Municipal Manuel María
📅 Hoxe, mércores 25 de novembro
⏰ 20:30 h, portas ás 19:45 h
💸 10,24 € (con gastos), na web e na billeteira
🌙 ALMANAQUE
Hoxe é Santa Catarina de Alexandría e a lúa, que foi chea onte, xa vai minguando.
E un dito para o día: «Entre Santos e Nadal, ben chover, mellor nevar.»
· · ·
📩 Que che gustaría que soubésemos no Carballiño? Un acto, un curso, un desconto, algo que pasa na túa parroquia. Cóntanolo por privado:
https://wa.me/message/UUYDXE6FGIWZO1
👉🏻 Reenviáronche esta mensaxe? Podes apuntarte aquí:
https://chat.whatsapp.com/H9SFby5y1Gm86EVjwGefCm
Ata mañá.
Oh! Carballiño
Que trae o parte
O tempo
Como vén o día no Carballiño, con datos de MeteoGalicia.
Avisos
Cortes de rúa, cambios de horario, festivos e o que abre ou pecha. Sempre coa fonte.
Que facer
Os plans da semana, cunha ficha clara: sitio, data, hora e prezo.
Xente
Unha vez á semana, a historia dunha persoa da comarca e do que saca adiante.
Como funciona
- Preme o botón e escríbenos por WhatsApp. Dicímosche como entrar na comunidade de Oh! Carballiño.
- Cada mañá, ás 8:00 h, recibes o parte. Unha soa mensaxe.
- Se deixa de interesarche, saes cando queiras.
Para que entres con tranquilidade
- Entras ti. Nós non engadimos a ninguén.
- O parte mandámolo só nós. Non é un grupo de conversa.
Gratis. O parte do día, ás 8:00 h.